Mancomún

Epilinux, distribución para a utilización de ferramentas de análise epidemiolóxica e bioestatís

Venres, 23 Xaneiro 2009
EpiLinux é un sistema pperativo, de libre distribución, especialmente orientado á utilización de ferramentas de análise epidemiolóxica e bioestatística.
EpiLinux é unha distribución completa de Linux. Está baseado en Ubuntu e Debian GNU/Linux, con contorno de escritorio KDE, na que se incluíu, entre outros programas, unha compilación de software para a realización de estudos de saúde: dende ferramentas ofimáticas (OpenOffice.org,…), software de Internet (Firefox,…) ata programas específicos de bioestatística, de análise de datos e epidemiolóxicos (PSPP, R, SciLab, Octave, QGIS, EpiGrass, …)

Como complemento ao software nativo, EpiLinux dispón do emulador WINE, que permite executar software deseñado para Windows no seu propio ámbito. Funciona como un “cargador” para Linux de programas baseados nas API Win16 e Win32.

EpiLinux pódese utilizar como un sistema “Live” e executar directamente dende o CDROM co que evita, así, a interacción con instalacións previas doutros sistemas operativos. Tamén se pode instalar no disco duro do equipo. Para cargar EpiLinux abonda con indicarlle ao equipo que arranque dende a unidade de CD/DVD. Unha vez que se iniciou o sistema, dende o menú principal, podemos elixir entre utilizar a versión “live” ou instalalo en disco. (user e password: epilinux)…

Este software distribúese baixo licenza GNU GPL. Animamos a copialo e compartilo libremente.
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=50178
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal