Mancomún

EpiLinux estará presente na XXVIII Reunión Científica da Sociedade Española de Epidemioloxía

Mércores, 6 Outubro 2010

A Oficina de Software Libre da USC anuncia que parte do traballo realizado na súa colaboración co equipo de desenvolvemento de EpiLinux será presentado á comunidade científica na XXVIII Reunión Científica da Sociedade Española de Epidemioloxía, que terá lugar no Palacio de Congresos de Valencia do 27 ao 29 de outubro de 2010.

A comunicación na que expoñerán o traballo levado a cabo para a creación do metapaquete para a Ubuntu-USC específico dos aplicativos incluídos na EpiLinux leva o título de EPIMETA – UN METAPAQUETE DE EPILINUX e formará parte da mesa: "Servizos sanitarios, información sanitaria e metodoloxía" que terá lugar o día 27 no auditorio 1, entre as 15:00 e as 16:30.
Equipo de traballo

O grupo de desenvolvemento de EpiMeta formouse a partir do equipo de traballo de EpiLinux 2 (Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade e a Unidade de Bioestatística da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela) e os membros da Oficina de Software Libre da USC.

Obxectivo

Adaptouse o sistema de creación de metapaquetes da Ubuntu-USC para implementar un metapaquete propio, chamado EpiMeta no que se incluíu unha compilación de software para a realización de estudios epidemiolóxicos e bioestatíticos que conforman EpiLinux 2. Destaca: RCommander, Rkward, Epidat 4, Scilab, Octave, PSPP, EpiGrass, OpenEpi, EpiInfo. Ademáis, inclúense os repositorios necesarios para poder manter actualizado o sistema.

EpiMeta é unha opción cómoda e sinxela para incorporar nunha distribución de GNU/Linux, baseada en Debian/Ubuntu, unha completa colección de software, lista para o seu uso, que permite realizar estudos de saúde en xeral.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal