OpenBravo xestouse en Tecnun, a facultade de Donostia da Universidade de Navarra, onde traballaban dúas dos seus fundadores: Nicolás Serrano e Ismael Ciordia. Os dous, xunto con Moncho Aguinaga, crearon en 2001 Tecnicia, a empresa que agora se chama OpenBravo. A súa visión consiste en dar a calquera compañía a oportunidade de ter o seu propio ERP sen necesidade de facer un gran investimento.
A empresa recibiu en 2006 un importante investimento de capital risco do Goberno de Navarra e conta, ademais, co asesoramento de importantes expertos en negocio e mercadotecnia. A súa estratexia comercial é absolutamente internacional e está baseada en acordos con socios locais que se encargan da implantación da ferramenta naqueles clientes que teñen necesidades particulares.
Fonte: Enpresadigitala.net
