Unha boa alternativa para escoitar radio en liña é o aplicativo Streamtuner, co cal poderemos sintonizar centos de emisoras de todos os lugares do mundo. A maioría son emisoras musicais, de feito hai un amplo abano onde escoller xa que hai ducias de emisoras de cada estilo musical.
Unha das características máis sobranceira é que coa axuda de streamripper permite gravar as emisións. Simplemente premendo un botón, Streamtuner gravará as cancións separándoas por pistas e gardándoas no cartafol que se lle indicara.
Este aplicativo é compatíbel con directorios e listados de algunhas das emisoras máis importantes de Internet como son SHOUTcast, Live365, Xiph e basic.ch.
Tamén nos permite organizar as nosas emisoras favoritas con marcadores, para crear a nosa propia colección musical, a cal será compatíbel coa edición de metadatos ID3 e Vorbis.
Fonte: pillateunlinux
