Mancomún

Este sábado hai unha nova edición do Maratón Linuxero

Venres, 20 Xullo 2018

O sábado 21 de xullo terá lugar unha nova edición do Maratón Linuxero. Esta actividade trátase dun evento iniciado por persoas de fala española que realizan podcast e ouvintes destes orixinado para tratar de realizar emisións de podcasts en directo mediante o uso de software libre. A primeira edición realizouse o 3 de setembro e durou 9 horas, cada edición do evento realizase arredor dun tema sobre software libre e a duración deste depende de cada edición.

O capítulo deste sábado será arredor de como liberar o noso fogar mediante GNU/Linux e outra ferramentas de software libre que nos permitirán ter o control dos nosos dispositivos tecnolóxicos e comezará ás 17:00 UTC (19:00 en horario peninsular) e consta do seguintes guión:

17:00 UTC (19:00 peninsular) – “Introducción al evento”
17:10 UTC (19:10 peninsular) – “Migrando nuestro PC Escritorio”
18:00 UTC (20:00 peninsular) – “Liberando nuestro router”
19:00 UTC (21:00 peninsular) – “Nuestro propio media center o PC para todo”
20:00 UTC (22:00 peninsular) – “Actualidad GNU/Linux y ML – Cierre”

O guión detallado, pode atoparse na páxina do evento.

Esta edición do maratón conta con tres patrocinadores: VANT, SLIMBOOK e Linux Español. Que entre os tres aportan artigos que conforman 3 pack que se sortearán entre os participantes que envíen unha gravación de son explicando porque empregan software libre. Máis información do sorteo na páxina web deste.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal