Este venres día 30 de marzo Mancomun.org organiza un almorzo de traballo sobre o ERP libre OpenBravo e outras ferramentas de xestión empresarial libres. Esta xornada dirixida a técnicos e empresarios vai contar coa presenza de Jordi Màs, Community Manager de OpenBravo, coordinador da comunidade de usuarios Softcatalá e experto en Software Libre con ampla experiencia no sector. O evento terá lugar na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre en Santiago de Compostela. As empresas interesadas en participar aínda poden apuntarse enviando un correo a mancomun@mancomun.org. A selección farase por rigoroso orde de chegada.
Estará divida en tres sesións:
- 11:00 – 12:00 Sesión aberta: Presentación de OpenBravo ás empresas.(acceso libre)
- 12:00 – 14:00 Sesión de traballo (inscrición gratuíta con prazas limitadas para as empresas do sector TIC): Panel de debate coa presenza de Jordi Mas sobre oportunidades de negocio do Software Libre de xestión empresarial.
- 14:30 – 16:30 Sesión aberta previa inscrición gratuíta (excluído o importe da comida): Xantar de traballo.
