Mancomún

Este xoves en PHP Coruña falarase sobre Docker

Mércores, 18 Setembro 2019

A comunidade de PHP da Coruña organiza un evento para o xoves 19 de setembro no Centro Ágora da Coruña.

O evento, titulado “3 Años en Producción con Docker“, será unha charla impartida por Borja Maceira (CTO en OpositaTest) na que fará un recorrido temporal de varios exemplos de uso e experiencias varias de proxectos reais tratando nela varios temas como a alta dispoñibilidade, a escalabilidade horizontal ou a resilencia.

Na páxina de meetup do evento pódese atopar máis información acerca do mesmo así como apuntarse ao mesmo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal