Mancomún

Estratexias para a implantación do Software Libre no ensino

Luns, 3 Novembro 2008

Dar a coñecer ao profesorado galego todo o abano de posibilidades que ofrecen as tecnoloxías abertas no eido da educación é o obxectivo das charlas que imparten, entre hoxe e mañá, os profesores do IES San Clemente, Carlos Carrión e Jesús Arribi, no Centro de Formación e Recursos da Coruña.

Baixo o título “Experiencia da integración das tecnoloxías da información e da comunicación e desenvolvemento de proxectos nun IES”, estas charlas introducen a temática do Software Libre dentro do programa do curso “Formación para dinamizadores e dinamizadoras das Tecnoloxías da Información e Comunicación en centros educativos” como un elemento fundamental para a introdución das TIC nas aulas.

Deste xeito, e da man de profesionais con recoñecido prestixio no ámbito do Softwate Libre como son Carlos Carrión e Jesús Arribi- anterior coordinador da Iniciativa Galega polo Software Libre, Mancomún- o pofesorado inscrito neste programa de formación poderá iniciarse no uso e implantación das tecnoloxís abertas, así como na súa orientación para o desenvolvemento da actividade docente habitual.

Os relatorios impártense no Centro de Formación e Recursos da Coruña en horario de 18:00 a 21:00 horas. O programa de actividades para dinamizadores TIC no que se enmarca está promovido pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e está dirixido a profesorado de todos os niveis educativos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal