Baixo o título “Experiencia da integración das tecnoloxías da información e da comunicación e desenvolvemento de proxectos nun IES”, estas charlas introducen a temática do Software Libre dentro do programa do curso “Formación para dinamizadores e dinamizadoras das Tecnoloxías da Información e Comunicación en centros educativos” como un elemento fundamental para a introdución das TIC nas aulas.
Deste xeito, e da man de profesionais con recoñecido prestixio no ámbito do Softwate Libre como son Carlos Carrión e Jesús Arribi- anterior coordinador da Iniciativa Galega polo Software Libre, Mancomún- o pofesorado inscrito neste programa de formación poderá iniciarse no uso e implantación das tecnoloxías abertas, así como na súa orientación para o desenvolvemento da actividade docente habitual.
