Mancomún

Estudo sobre a licenza GPLv3 e outras licenzas open source no eido lexislativo español

Martes, 20 Xaneiro 2009
http://www.mancomun.org/images/stories/gplv3-logo-red.png O despacho “Sánchez-Crespo Abogados e Consultores” publicou unha nova versión do seu estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL no marco normativo dos dereitos de autor en España. Está dispoñíbel para a súa descarga gratuíta desde a seguinte ligazón:EstudioGPLv3.pdf.
 
O despacho de avogados xa realizara no 2006  unha primeira versión sobre a GPL v2 que actualizaron posteriormente en decembro dese mesmo ano con motivo das modificacións introducidas na Lei de propiedade intelectual española.
 
Xunto co estudo sobre a GPL v3, nesta ocasión, tamén inclúen un resumo doutro tipo de licenzas open source (como a MPL, OpenBravo license, Apache, BSD, …) para que poidan verse as diferenzas e similitudes entre todas e ver as compatibilidades e incompatibilidades…

Outras ligazóns de interese:

Descarga das traducións ao galego das licenzas GPL v2 e GPL v3 desde o Wiki de Mancomún:
http://wiki.mancomun.org/index.php/GPL

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal