Mancomún

Europa, Brasil e China únense nunha plataforma de programas informáticos libres

Xoves, 22 Marzo 2007
http://www.mancomun.org/images/stories/qualipso.jpgEuropa, Brasil e China uníronse para lanzar unha plataforma global que fomente a adopción de programas informáticos de fonte aberta/gratuíta (FLOSS) por parte de empresas, gobernos e institucións académicas.

QualIPSo (Quality Platform for Open Source Software), é unha infraestrutura para investigar e utilizar procesos de desenvolvemento en execución incluíndo modelos, métodos e ferramentas de negocio para fomentar o emprego do Software Libre por organizacións TIC europeas.

O proxecto espera alcanzar estes obxectivos desenvolvendo programas informáticos de fonte aberta/gratuíta (FLOSS) como alternativa flexible e de baixo custe aos programas informáticos privativos, co mesmo nivel de confianza co que tradicionalmente se asocian aos programas informáticos non gratuítos.

Fonte: La Flecha

O proxecto conta entre os seus vinte membros fundadores cunha mestura de especialistas en tecnoloxía, departamentos gobernamentais e institucións académicas. Entre estas atópanse o Instituto Fraunhofer para Sistemas de Comunicación Aberta (FOCUS), o Instituto Nacional de Investigación en Informática e en Automática de Francia (INRIA), a Universidade Estatal de Sao Paulo, a Universidade de Tecnoloxía do Sur de China/Centro de Investigación de Middleware de Guangzhou, a xendarmería francesa (policía militar), Bull, Siemens e Thales, entre outros.

Os membros están planeando conxuntamente a creación de seis centros de competencia para apoiar a posta en produción e a adopción dos programas informáticos Open Source (catro en Europa, un en China e un en Brasil), centrándose na mellora da calidade dos programas informáticos Open Source e as prácticas da posta en produción.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal