Mancomún

Europa, líder en receptividade cara ao Software Libre

Mércores, 1 Outubro 2008

Visto en CódigoCero.com:

“En cuestión de adopción e receptividade de cara ao software libre, non todos nos comportamos do mesmo xeito. Hai quen o recibe cos brazos abertos e hai quen cambia de tema cada vez que escoita falar de programación aberta. Logo, entre un extremo e outro, unha chea de países. Con todo, até nesas medianías existen as súas diferenzas.

Entre as sociedades máis receptivas ao código aberto e, en contra do que moitos e moitas pensaban (se cadra aínda se mantén a teima de ligar o emprego de software libre con países en vías de desenvolvemento), atópanse as europeas, e máis concretamente as de Francia e Alemaña.

Este dato, achegado por unha enquisa de Actuate e reflectido en MuyComputer, provén dun estudo feito pola dita firma consultora sobre unha base de 1.000 profesionais das novas tecnoloxías da información de todo o mundo…

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.codigocero.com/spip.php?article6063

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal