Este pasado domingo, día 17 de Xullo, comenzou en Bilbao o evento EuroPython 2016. Durante toda esta semana, ate o vindeiro día 24 Bilbao convñertese no centro da comunidade da linguaxe de programación Pyhton.
Trátase da XV edición deste encontro que, en datos da organización, atraerá a máis de 1500 persoas á capital vizcaína co conseguinte impacto económico positivo que pode ter para a cidade.
Segundo as propias verbas dos organizadores, o congreso está orientado para todo tipo de persoas que están ou queren relacionarse con Python. O pasado domingo, realizáronse, como evento inaugural, as clases de iniciación para as persoas alleas a Python (Beginners Day). Durante o congreso existirán charlas de diferentes dificultades; fácil, intermedio e avanzado, calificadas segundo o poñente. As charlas, en xeral, son boas tanto para os estudantes como para a xente que traballa no mundo de Python, para poder aprender novas ferramentas e profundizar. Ademais, a conferencia é un lugar de encontro para empresarios que queiran coñecer a outros empresarios do seu mesmo sector ou complementarios, buscar talentos, e incluso para ver e acudir ás charlas que darán outras empresas e para saber cal é a tecnoloxía punteira que se está a empregar por empresas similares no mundo.
Python é unha das centos de linguaxes de programación que existen. É unha linguaxe moi clara, limpa e sinxela. Unha das mellores opcións, para introducirse no mundo da programación. Ademais conta cunha extraordinaria comunidade de desenvolvedores enrolados dun ou outro xeito en proxectos de código aberto. A propia Python Software Foundation regula un tipo de licenza aberta usada para todo o código fonte da propia linguaxe de programación e tamén é de uso estendido polos proxectos desenvolvidos nesta linguaxe de programación. Trátase da Python Software Foundation License (PSFL), unha licenza de software libre permisiva, ao estilo da licenza BSD, que cumpre cos requisitos da OSI e que é compatible coa licenza GPL. Proxectos como os coñecidos framework de desenvolvemento web Django, Bottle, Tornado, Zope; ou o ERP Odoo, o editor de video Pitivi, o xestor de roldas de correo Mailman e xestor de incidencias Trac, entre outros, son exemplos de proxectos de código libre construídos usando esta linguaxe de programación.
