O próximo sábado 19 de outubro, terá lugar ao longo de todo o día, o encontro “Linux y Tapas”.
“Linux y Tapas” é un encontro anual que se leva celebrando dende varios anos na cidade de León.
Pensado para aficionados aos sistemas GNU/Linux e para os amantes da tecnoloxía en xeral, é a escusa perfecta para reunirse e desfrutar dunha xornada onde coñecer a xente, asistir a charlas nas que o sistema operativo GNU/Linux é o protagonista e tomarse unhas tapas pola cidade (un dos referentes gastronómicos españois).

Programa de actividades
12:30 – 13:00: Quedada na Praza da Catedral de León
13:00 -16:30: Tapeo pola histórica cidade de León
17:00 – 20:00: Relatorios na Fundación Sierra Pambley
21:00: Cea “tapera e leonesa” lyt19
24:00 – ∞: Festa de despedida
Relatorios
Charla 1 – Locked-Shields, unha historia de backdoors

Javier Ferrero Rodríguez, auditor de seguridade para CS3 Group, membro do Blue Team célula Linux para o MCCD, impartirá a primeira charla.
Estará enfocada na área de seguridade e dará a coñecer Locked-Shields19, un exercicio internacional no que participan máis de 20 países da OTAN. Tamén se debatirá a utilidade dos antivirus en Linux, deteccións e análises de portas traseiras.
A charla dividirase en tres partes, incluíndo algunhas teóricas e outras totalmente prácticas.
Charla 2 – Traballando con software libre nas escolas de Madrid. A simbiose MAX e Educamadrid.

Ismail Ali Gago, profesor de Bioloxía e Xeoloxía nun Instituto de Ensino Secundario da Comunidade de Madrid, Licenciado con Grao en Ciencias Biolóxicas pola UCM, Máster en Informática Educativa pola UNED.
Actualmente Co-coordinador do Grupo de Desenvolvemento MAX no que estivo traballando desde a súa constitución no ano 2004.
No seu relatorio, Ismail presentaranos as características e os obxectivos da distribución GNU/Linux da Comunidade de Madrid: MAX, e dos servizos baseados en software libre do portal educativo Educamadrid.
Charla 3 – Web 3.0: IPFS, ZeroNet, Dat e WebTorrent

Adrián Arroio Cale, estudante de Enxeñería Informática pola Universidade de Valladolid. Na actualidade, bolseiro en Telefónica I+D, toca temas relacionados con GitOps e Kubernetes.
Na charla falarase desde a creación da web ata o de agora, e os cambios de paradigma. Os retos da web para facer fronte á centralización e á perda de privacidade. No relatorio presentaranse unhas cantas tecnoloxías que tentan resolver este tipo de problemas.
Charla 4 – Ao asalto do Bazar

Javier Teruelo de Luís, vinculado principalmente ao sector da Educación aínda que tamén involucrado noutra gran cantidade de proxectos diversos.
Javier falará do proxecto Escola 2.0. Unha exposición moi persoal e desde unha longa experiencia en primeira liña sobre que pasou cun dos dous grandes depósitos de recursos públicos, o mundo do ensino, na súa relación con GNU/Linux durante a expansión da informatización, como esa situación cambiou no último ano coa re-irrupción das grandes empresas e os proxectos verticais e as consecuencias que xa están a suceder.
Camisetas oficiales LyT19
Están dispoñibles camisetas oficiais do evento, previa reserva delas.

O prezo delas é de 17 €. Para facer os pedidos, é necesario enviar un correo a linuxytapas@gmail.com indicando a talla e se é para home ou muller.
Inscrición
A inscrición pódese facer a través deste formulario web.
Todos aqueles participantes que desexen asistir á cea, deberán enviar un correo electrónico a linuxytapas@gmail.com para facer a reserva correspondente.
