Mancomún

EVO Smart Console, unha consola baseada no código aberto

Luns, 23 Novembro 2009

EVO

O EVO Smart Console é un dispositivo deseñado por completo con software de código aberto. Foi desenvolvido para proporcionar una solución “todo en un” para todas as necesidades multimedia. Este dispositivo utiliza o media center XMBC para proporcionar características clave, como televisión por Internet, almacenaxe de fotos, reprodución de DVD e música.

Este aparato conta coas seguintes características técnicas:

  • CPU AMD Athlon II 250 x2 a 3 Ghz, con compatibilidade 64bits
  • GPU: Chipset ATI HD 3200 , con compatibilidade para 1080i e 1080p
  • 2 GB de memoria
  • Un disco SSD de 64 GB
  • 2 portos ethernet
  • DVD e gravadora

Con este hardware, o dispositivo ofrece o seguintes servizos:

  • DVR: Permite deter, rebobinar e gravar TV
  • Retransmisión: Dende o EVO pódese retransmitir TV en directo, fotos, música e vídeos ata calquera outro dispositivo que poida acceder á web.
  • PC: Este aparato cumpre coas necesidades de calquera computador persoal, con el poderase navegar por internet ou executar calquera outro aplicativo.
  • Xogos: EVO Smart Console preséntase como unha videoconsola, cos seus mandos e con compatibilidade con multitude de xogos de código aberto, e a opción de descargar ou comprar xogos propios.

Este dispositivo pódese conectar a calquera televisor ou monitor de computador. Ao parecer, está dispoñíbel ata en tres modelos: O EVO Smart Console cun sistema Linux, o modelo con sistema Windows, e o modelo con Windows e lector Blu-Ray

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal