Mancomún

Experiencias en software libre da rede do Máster en software libre

Xoves, 10 Febreiro 2011

Máster en Software LibreO Máster en Software Libre organiza unha xornada de portas abertas ao público para o vindeiro 18 de marzo.

Esta xornada aberta realízase xusto antes de comezar cos dous últimos módulos do mestrado, o de desenvolvemento web e desktop&mobile para os que o proceso de inscrición aínda están abertos.

O título da xornada aberta será “Experiencias en Software Libre da Rede do Máster en Software Libre” e trataranse temas relacionados coas experiencias de ex-alumnos e profesores ao redor do software libre. Estas xornadas permitirán ver como o software libre serviu de base para crear unha empresa, implantar ferramentas de xestión dun equipo de I+D, para o desenvolvemento de proxectos de I+D ou para realización de actividades de difusión ao redor do software libre.
O programa da xornada é o seguinte:

  • 16:00 – 17:00 Jesús María González-Barahona. Profesor do Grupo de Sistemas e Comunicacións (Libre Soft) da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.
  • 17:00 – 17:45 Roberto Vieito Raña. Ex-alumno da I edición do Master de Software Libre (edición Galicia), socio fundador de Ghandalf. Existe a posiblidade de que estean tamén presentes outros membros da asociación.
    • Título: Asociación Ghandalf: Rede de ex-alumnos do master de Software Libre
  • 17:45 – 18:30 Pablo Sangiao . Ex-alumno da I edición do Master de Software Libre (edición Galicia) e traballador en Icarto.
    • Título: Icarto e a súa implicación en gvSIG
  • 18:30 – 18:45 Descanso
  • 18:45 – 19:30 Andrés Estévez. Ex-alumno da I edición do Master de Software Libre (edición Galicia) e traballador en Gradiant.
    • Título: Outros campos de aplicación do software libre
  • 19:30 – 20:15 Xulio Coira. Ex-alumno da III edición do Master de Software Libre (edición Galicia) e traballador en Arteixo Telecom.
    • Título: Xestión da I+D con software libre

A xornada terá lugar na sede da Obra Social Caixanova en Vigo, está aberta á participación do público en xeral e é de balde, tan só é preciso o rexistro a través do Formulario de Inscrición habilitado ao efecto por cuestións de aforo. Posto que este é limitado, a inscrición farase por rigorosa orde de recepción.

Fonte: Máster en Software Libre

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal