Schmitz lidera o grupo de Unisys involucrado en Osor.eu e que nos dous últimos anos ten axudado a cear a EUPL. Foi un dos relatores no ‘Evento de Avogados Europeos de Software Libre”, que tivo lugar en París o 24 de setembro.
A EUPL e a GPLv3 teñen funcións semellantes, mais son moi diferentes no espírito e na letra, segundo explicou Schmitz no encontro que tivo lugar en París. “A GPLv3 é complexa, difícil de ler e casi tres veces máis longa que a EUPL”, dice Schmitz.
Os que acaban de chegar ao licenzamento open source que queren entender as obrigas e os riscos involucrados no open source, lerían mellor a EUPL, dice Schmitz. Esta licenza está dispoñible en 22 idiomas, mentres que a GPLv3 se pubica oficialmente só en inglés. “Na UE a diversidade lingüística é unha obriga. Todas as versións aprobadas pola Comisión Europea teñen idéntico valor. Para a GPLv3 as diferenzas lingüísticas son percibidas como un risco importante. Un erro sería desastroso para toda a comunidade do software libre”.
Estatísticas
A terceira revisión da GPL foi publicada en xuño de 2007. Os seus anteriores proxectos foran amplamente criticados por seren demasiado restritivas. Segundo Palamida, organización que controla a adopción da GPLv3, ata o momento, 3.345 proxectos de código aberto optaron por esta.
“A EUPL é nova”, explicou Schmitz respecto da diferencia canto á implantación. “A GPL ten un legado de máis de dez mil proxectos activos de desenvolvemento de software”. Para as administracións europeas, a distribución de software baixo unha licenza de código aberto aínda é un un tema novo. “A EUPL ten por obxecto facer máis doado para eles a publicación de software de código aberto. Non quere competir coa GPL”.
