Ext4, a nova xeración do sistema de ficheiros Ext3 de Linux, está dispoñible xa nas primeiras versións de avaliación de Ubuntu 9.04. Ext4 foi declarado estábel oficialmente na versión 2.6.28 do kernel de Linux do mes pasado.
Ext4 está deseñado para un mellor rendemento e incrementar a fiabilidade. Tamén incrementa o tamaño máximo do sistema de ficheiros e reduce a cantidade de tempo requirida para efectuar unha operación “fsck”.
A web Linux Hardware Site Phoronix acaba de sacar á luz uns tests extensivos para tratar de medir o rendemento de Ext4. Os resultados …
amosan que Ext4 ten un rendemento moi superior aos sistemas de ficheiros XFS, JFS, ReiserFS e Ext3 nos tests de entrada/saída.
Os tests foron realizados sobre discos de estado sólido (SSD).

