Mancomún

Extensións interesantes para OpenOffice.org Writer

Venres, 31 Outubro 2008

Realizar tarefas de maquetación co procesador de textos OpenOffice.org Writer non é sempre tarefa sinxela. Así por exemplo combinar nun mesmo documento páxinas en formato vertical e horizontal é posible pero é preciso crear distintos estilos de páxina e escollelos convenientemente.

OpenOffice extensions
Por esta razón hai desenvolvedores que se animan a crear extensións para Ooo que faciliten estas tarefas, por exemplo, Alba para xestionar a orientación das páxinas, Pagination e Pager para xestionar a numeración das páxinas e Template Changer para modificar o modelo empregado nun documento ao voo.

 

Alba é unha extensión que permite xestionar facilmente a orientación das páxinas. Engade un novo elemento ao menú Inserir. Ao seleccionar este elemento, teremos 4 opcións de escolla: Modificar a orientación da sección actual, crear unha única páxina coa orientación diferente das demais ou modificar o estilo de páxina actual acorde ao formato da páxina actual.

Pagination engade ao menú Inserir a entrada Número de páxina. Seleccionándoa aparecerá unha ventá de diálogo na que poderemos escoller onde situar o número de páxina (cabeceira ou pé), a xustificación do número, o tipo de numeración a empregar así diferenciación da numeración en páxinas esquerdas, dereitas ou na primeira páxina. Todo isto pode facerse sen a extensión pero con moito máis traballo pois hai que navegar por distintas opcións dos menús.

Pager é unha extensión semellante á anterior que trata de solventar un pequeno inconveniente. Pagination só funciona se empregamos o estilo de páxina predefinido mentres que Pager permite traballar con distintos estilos de páxina, aínda que polo momento aínda é beta.
Finalmente Template Changer engade dous novos elementos ao menú Ficheiro – Modelos; Asignar modelo ao documento actual e Asignar modelo a todos os ficheiros dun directorio.

Fonte: Linux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal