![]()
En EzWeb, o usuario ten unha páxina principal, onde se amosarán os trebellos que escolla. E, o máis importante, poderá conectar estes trebellos entre eles de forma visual e sinxela. Hai tamén opción de engadir trebellos, de entre a multitude deles que hai dispoñíbeis (feeds de páxinas, vídeos de youtube, dicionario da RAE, mapas…)
Segundo podemos ler na páxina do proxecto, EzWeb é unha plataforma Web estándar e aberta que permite ao usuario construír o seu propio contorno de traballo mediante a selección, configuración, combinación e interconexión dos aplicativos dispoñíbeis, para crear novos aplicativos distribuíbeis.
EzWeb presume de non ser só un catálogo de trebellos como os que poden ofrecer Yahoo! Widgets, Google ou Mac OSX. Os creadores desta plataforma empregan e melloran este concepto, coa principal innovación de permitir ao usuario interconectar estes trebellos empregando un modelo de desenvolvemento totalmente intuitivo.
EzWeb está programado na linguaxe Python, empregando o framework Django. O desenvolvemento lévase a cabo na forxa do Proxecto Morfeo. Na páxina do proxecto poderemos ver as instrucións para a descarga, instalación e uso de EzWeb.
Fonte: Nova en Barrapunto
