Mancomún

Facebook compra Mapillary, competidor libre de Google Street View

Mércores, 1 Xullo 2020

Facebook comprou o sistema de mapas Mapillary (plataforma que recopila imaxes das rúas e crea un sistema de vistas inmersivas automatizadas).

Coa compra, esta ferramenta pasa a ser gratuíta tamén para fins comerciais.

Desde Mapillary comentan:
“O noso compromiso con OpenStreetMap mantense. O plan é que os dereitos outorgados aos editores de OpenStreetMap permanezan inalterados e que o noso traballo coas comunidades e empresas de OpenStreetMap continúe no mesmo camiño de sempre. Mapillary seguirá encabezando un modelo de colaboración no que todas as comunidades de mapas, empresas, cidades e outros traballan xuntos para manter os mapas do noso mundo precisos, detallados e actualizados.”

Máis información na nota oficial de Mapillary

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal