Mancomún

FatELF: binarios universais para GNU/Linux

Luns, 26 Outubro 2009

Visto en VivaLinux:

"FatELF é un novo formato de arquivo que permite incrustar múltiples ficheiros binarios para diferentes arquitecturas nun só ficheiro moito máis sinxelo de distribuír. Basicamente, é un equivalente para Linux do que en Mac OS X se coñece como "binario universal", ao exemplo do binario universal de GIMP en galego para Mac OS X."

Un binario universal é un ficheiro executábel que inclúe as versións compiladas para PowerPC e x86 dun determinado aplicativo, o que lle permite executarse de xeito nativo en calquera das dúas arquitecturas sen un impacto negativo no rendemento.”

Algúns dos beneficios que FatELF podería traer a GNU/Linux:

  • Non sería necesario que as distribucións tiveran descargas separadas segundo as arquitecturas

  • Non sería necesario ter cartafoles /lib, /lib32 e /lib64 separados

  • Compatibilidade con arquitecturas de 32 e 64 bits nun só ficheiro.

  • Un único ficheiro para GNU/Linux e FreeBSD.

Máis información na nova orixinal:
http://www.vivalinux.com.ar/soft/fatelf

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal