Outras das súas novidades son a inclusión de EXT4 como sistema de ficheiros predeterminado (o que mellora en gran medida o rendemento da distribución) e a posibilidade de instalar todos os elementos necesarios para utilizar lectores de pegadas dixitais (que inclúen de serie moitos portátiles actuais) e deste xeito poder iniciar sesión no computador sen ter que escribir o tradicional contrasinal.
Tamén, aproveitando o que será o inminente lanzamento da futura versión de Firefox 3.5, xa se inclúe a versión beta4 de Firefox 3.5, que en breve se actualizará á versión 3.5 RC1 que acaba de saír.
Se queredes instalar directamente o Firefox 3.5 RC1 en galego non tendes máis que descargalo desde a seguinte ligazón:
- Firefox 3.5 RC1 en galego para GNU/Linux
- Firefox 3.5 RC1 en galego para Windows
- Firefox 3.5 RC1 en galego para Mac
