Mancomún

Fedora 34 usará PipeWire como servidor de son

Luns, 7 Decembro 2020

A próxima versión de Fedora (a 34), chegará cun importante cambio no tocante aos servidores de son, cambiando PulseAudio e JACK por PipeWire.

PipeWire permite ofrecer capacidades de procesamento de son profesional, eliminar a fragmentación e unificar a infraestrutura de son para diferentes aplicacións. PipeWire amplía as capacidades de PulseAudio con transmisión de vídeo, procesamento de son de baixa latencia e un novo modelo de seguridade para o control de acceso de transmisión e dispositivo.

Para os clientes máis antigos que utilizan ALSA, instalarase un complemento que dirixe as transmisións de son directamente a PipeWire. Todas as aplicacións baseadas en PulseAudio e JACK poderán executarse sobre PipeWire, sen necesidade de instalar PulseAudio ou JACK.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal