A distribución de GNU/Linux Fedora chegou á súa versión 8, denominada “Werewolf”.
O proxecto Fedora é un proxecto de código aberto promovido por Red Hat e soportado pola comunidade. O seu obxectivo é o progreso rápido do Software Libre e para iso fai uso de foros públicos, procesos abertos, innovación rápida e transparencia nos seus procesos.
Unha descrición de todas as novas características está dispoñible nas notas do lanzamento:
http://docs.fedoraproject.org/release-notes/f8/es/
Grazas a Manuel Morán polo aviso.
