O proxecto Fedora anunciou recentemente que xa finalizaron a conversión das licenzas da súa documentación e de todo o contido do proxecto. O cambio produciuse para pasar da Open Publication License a unha licenza Creative Commons (Atribución, compartir igual). En concreto, a licenza elixida foi a licenza Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 Unported.
Os cambios na licenza terán efecto sobre:
- Os contidos do wiki de Fedora
- Todas as guías de Fedora que hai en docs.fedoraproject.org.
- Todas as guías que hai en fedorahosted.org, incluíndo o contido que provén de Red Hat.
O texto a continuación é un extracto do correo electrónico do anuncio, no que se explican as razóns do cambio:
Aínda que a OPL é unha licenza de documentación aberta e libre, ao pasarnos a unha licenza máis amplamente coñecida e adoptada, como é a usada polos proxectos Wikipedia ou GNOME, axudaranos a compartir o noso contido máis facilmente co resto da comunidade do software libre.
E, no wiki do proxecto podemos ler o seguinte:
Por que o facemos? Porque é vital que Fedora saia do aillamento en canto aos contidos e se una ao resto do mundo. Porque o problema de obter os permisos sobre calquera contido que algunha persoa, nalgún momento, editou no wiki é unha tarefa enorme, e innecesaria.
A lectura da páxina wiki onde explican as razóns do cambio é altamente recomendada, pois aló cítanse máis razóns e deféndese o cambio.
O contido específico no que se fixo este cambio é o seguinte:
