Fedora anunciou o seu proxecto educativo, o Fedora Education Sig. Trátase dunha iniciativa oficial para optimizar esta distribución dirixida especialmente a mestres e alumnos. Segundo os seus creadores, “faremos isto mediante a evanxelización, construción e mantemento dun forte ecosistema de paquetes educativos na distribución de Fedora, e o apoio aos alumnos no uso destes paquetes como instrumentos para acadar os seus obxectivos curriculares”.
Esta non é unha iniciativa nova no mundo do software libre, xa que outras distribucións coma EduBuntu de Ubuntu, DebianEdu de Debian ou OpenSUSE Education de OpenSUSE o levan facendo xa dende hai un tempo.
Nun principio, Fedora Education SIG dedicarase a:
-
Crear e manter un CD de Fedora Education Spin.
-
Engadir máis aplicativos educativos ao ecosistema de Fedora.
-
Comunicar os diferentes esforzos relacionados coa educación dentro do proxecto Fedora.
Fontes: http://www.vivalinux.com.ar/distros/fedora-education-sig
http://www.kdeblog.com/fedora-edu-otro-proyecto-educativo.html
