Xa esta aquí a primeira versión pública en desenvolvemento de Fennec, o Firefox para móbiles. A versión final sairá a finais do presente ano, coincidindo coa publicación de Firefox 3.1. A versión actualmente publicada, a 1.0 Beta, pode ser instalada en dispositivos que conten con Windows mobile como sistema operativo, aínda que tamén existe unha versión para Maemo para dispositivos Nokia N800 e N810. Este prototipo de Firefox Mobile, que permite empregar as extensións creadas para Firefox, conta cun desenvolvemento de novos interfaces de usuario, no que ten un papel moi destacado Aza Ruskin, creador doutros proxectos coma a extensión para Firefox, Ubiquity.
A presentación de Fennec por parte da Fundación Mozilla, que terá lugar hoxe mércores 20 de maio durante o transcurso da Feira MovilForum que se está celebrando en Madrid, estará a cargo de Guillermo López, de Mozilla Hispano.
Este video mostra algunha das características do Fennec.(Firefox Mobile Concept Video de Aza Raskin en Vimeo.)
Fontes:
