Mancomún

Ferramenta de rendemento de hardware para GNU/Linux, Phoronix Test Suite

Xoves, 3 Abril 2008
Phoronix Test Suite é unha ferramenta, baixo GPL, para realizar diversos [[benchmark]]s de rendemento de hardware para GNU/Linux (aínda que podería chegar a funcionar noutros sistemas).

Con PTS os desenvolvedores de aplicacións poderán construír facilmente os benchmaks do seu propio software e os usuarios poderán medir facilmente o rendemento dos seus equipos en devandito software.

Outro aspecto interesante é a posibilidade de subir os teus resultados ao servizo PTS Global e poder executar, introducindo o código dunha proba xa existente, calquera benchmark que estea dispoñible en PTS Global.

A versión actual de PTS é a 0.1, e inclúe a modo de proba varios benchmarks en xogos 3D como Nexuiz, Doom 3, ET:QW, entre outros. Por agora non hai interface gráfica e as probas hai que executalas desde un terminal, a pesar disto o uso é bastante sinxelo. Por exemplo:

* ./phoronix-test-suite benchmark universe Executa todos os benchmarks (pode tardar moito tempo).
* ./phoronix-test-suite list-tests Mostra os benchmarks dispoñibles.
* ./phoronix-test-suite benchmark nombreBenchmark Executa un determinado benchmark.

 
Fonte: Linuxjuegos.com  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal