Mancomún

Ferramenta para a análise dos riscos do tráfico marítimo

Xoves, 3 Setembro 2009
Safemed GIS é unha software que se usa na maioría dos países arredor do mar Mediterráneo para ofrecer a análise de riscos do tráfico marítimo e que, segundo se anuncia na páxina do OSOR (Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre), en breve será liberado baixo a licenza EUPL e o código albergarase neste mesmo repositorio nas próximas semanas.

Usando un navegador, os usuarios autorizados poden seguir os movementos dos barcos no Mediterráneo desde o ano 2004 ata o 2007 e acceder a unha base de datos de todos os accidentes que causaron, ou case, derramamentos químicos ou de aceites rexistrados desde o ano 1977.

A aplicación Safemed GIS foi desenvolvida usando exclusivamente ferramentas de software libre. Os desenvolvedores usaron Talend Open Studio para extraer diversos conxuntos de datos. A aplicación programouse en Python empregando o contorno de desenvolvemento rápido Django e o desenvolvemento dos mapas usando a ferramenta Mapnik. A base de datos funciona con Postgresql nun servidor executando Debian GNU/Linux. No entanto, os datos dos movementos dos barcos non son software libre, polo que o acceso á ferramenta en liña non está permitido ao público en xeral.

A continuación podedes atopar unha captura de pantalla coas principais rutas dos barcos petrolíferos no Mediterráneo:
Principais rutas pretolíferas do Mar Mediterráneo
Rutas petrolíferas marítimas no Mediterráneo

Máis información na nota de prensa orixinal (en inglés):

http://www.osor.eu/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal