O día 31 de marzo deste ano, a páxina StatCounter.com sacou unha breve nota na que indica, que nos datos recollidos da semana anterior sobre o uso de navegadores, se reflicte que por primeira vez na súa historia, Firefox 3 supera ao Internet Explorer 7 en Europa. Así, Firefox 3 acada unha cota de uso dun 35,09% mentres Internet Explorer 7 acada un 34,51%.
"O cambio explícase por unha pequena migración de usuarios de Internet Explorer 7 cara a nova versión 8" -recentemente publicada- "pero, ademais, tamén pola tendencia continúa á alza do Firefox 3.0" – comentou o CEO e fundador de StatCounter. "Os datos tamén amosan que Firefox está acurtando distancias xa que só se atopa a un 10% de cota de mercado sobre todas as versións de Internet Explorer".
O gráfico que reflicte estes datos pode verse en…
Source: StatCounter Global Stats – Browser Version Market Share
