A través de slashdot.org chéganos unha abraiante nova: Firefox 3.5 é o navegador máis usado da actualidade, se temos en conta por separado as distintas versións de Internet Explorer.
Esta é a primeira vez que isto ocorre, e foi propiciado pola caída no uso de Internet Explorer 7, ao tempo que sobe o uso de Internet Explorer 8. Podemos ver a gráfica que amosa esta tendencia nesta ligazón.
Os datos foron extraídos do servizo de estatísticas de visitas a páxinas web en Internet StatCounter.com.
Podemos ler esta nova en numerosos sitios web, que xa se están a facer eco da noticia.
