Mancomún

Firefox 3 permitirá traballar sen conexión con algunhas aplicacións web

Luns, 10 Decembro 2007

A próxima versión do navegador alternativo da Fundación Mozilla permitirá traballar sen conexión a Internet con algunhas aplicacións web.

Para iso Mozilla está traballando no desenvolvemento de novas funcionalidades API que permitan ás aplicacións web que o desexen sincronizar os seus estados cando dispoñan de conexión a internet.

As novas características de Firefox que permitirán dar soporte online son:

  • Unha implementación da especificación WHATWG: DOM Storage (para almacenar en local correos electrónicos e información de cartafoles)
  • Caché offline. Un parche que engade unha zona de caché específica para dar soporte a aplicacións web que poidan traballar sen conexión.

  • Un novo protocolo que soporte ficheiros JAR, que permita gardar múltiples obxectos nun único ficheiro .jar e que o navegador poida referenciar de forma inequívoca aquel recurso que necesite en cada momento.
  • Eventos sen conexión. O navegador disporá de eventos “sen conexión” e “con conexión” que serán lanzados cando o usuario elixa traballar sen conexión a través do menú ou cando o se perda a conexión a Internet.

Fonte: http://www.hispamp3.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal