O navegador Firefox 66 chega cargado de interesantes novidades, pero unha delas resulta un tanto polémica. Mozilla decidiu duplicar o número de procesos de contido por defecto.
Este cambio é favorable para equipos de potencia media e alta, pero prexudicial para o resto de equipos menos potentes. De todas formas, sempre podemos modificalo nas opcións xerais de rendemento.
Novidades:
- Mellor integración con GNOME.
- Bloqueo da reprodución automática, silenciando o contido multimedia. Pódese desactivar nos axustes. O navegador bloqueará todos os sons por defecto, polo que teremos que dar permisos (nunha lista branca) ás webs que si queremos que soen sen permiso.
- Melloras nas procuras. Novo campo de busca, no que podemos facer procuras nas lapelas abertas.
- Novo scroll, sen saltos mentres carga o contido.
- Incremento de procesos de contido de 4 a 8, mellorando o rendemento en equipos potentes.
- Novo deseño na páxina de erro de certificado.
- Pódense asignar atallos de teclado ás extensións de Firefox.
- Soporte para Windows Hello, autenticación en webs mediante biometría.
- Activación por defecto da compatibilidade co códec AV1 en Windows.
Máis información:
https://www.mozilla.org/en-US/firefox/66.0/releasenotes/
