Mancomún

Firefox 71

Xoves, 5 Decembro 2019

Foi publicada a versión 71 do navegador Firefox, o navegador web multiplataforma, libre e de código aberto de referencia.

Novas características a destacar: melloras no xestor de contrasinais, reconto de rastreadores bloqueados, aviso de minado de criptomoedas, vídeo picture-in-picture en Windows (xanela flotante para poder seguir vendo vídeos), descodificación nativa de MP3, correccións de seguridade, nova funcionalidade modo quiosco (permite o máximo espazo en pantalla), novo modo de editor multilínea da consola, novo bloqueo de recursos do panel de rede (pode simular o impacto do seguimento da protección, a seguridade, as interrupcións do servizo e a mala conectividade para obter probas máis robustas), melloras no visor de certificados, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal