Mancomún

Firefox 72 con borrado de datos telemétricos e anti-fingerprinting

Venres, 10 Xaneiro 2020

Chega Firefox 72 con novidades para macOS e Linux, protección anti-fingerprinting por defecto (os nosos datos vólvense máis opacos para os anunciantes e para as webs onde navegamos) e permite o borrado de datos telemétricos de Mozilla.

Firefox tamén permitirá eliminar as solicitudes para recibir notificacións, soamente mostrará unha icona de solicitude na barra de direccións.

En Linux e macOS, agregouse a capacidade de ver vídeo no modo “ Picture-in-Picture”, permitindo visualizar un vídeo nunha xanela flotante.

Máis información na web oficial.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal