Mancomún

Firefox 73 chega con soporte para NextDNS

Mércores, 19 Febreiro 2020

A nova versión 73 do navegador Firefox foi liberada, xunto coa versión móbil de Firefox 68.5 para Android.

Esta actualización trae soporte para o servizo NextDNS, para o modo de DNS a través de HTTPS (DoH).

Outros cambios destacados: capacidade de establecer un nivel de escala global, WebRender habilitado para sistemas con controladores NVIDIA, calidade de son mellorada ao variar a velocidade de reprodución, detección automática mellorada de codificacións de texto antigas, reduciuse a carga ao recompilar estatísticas.

Máis información na nota oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal