Mancomún

Firefox bloqueará Adobe Flash por defecto nas vindeiras versións

Mércores, 3 Agosto 2016

Logotipo Mozilla FirefoxMozilla e a Web como un todo están a tomar medidas para reducir a necesidade de contido en Flash na navegación diaria. Desde agosto, Firefox bloqueará certos contidos en Flash que non son esenciais para a experiencia do usuario, mentres tanto continuará a soportar o contido do Flash legacy. Este e outros cambios futuros mellorarán a seguridade dos usuarios de Firefox, mellorarán a autonomía da batería, a velocidade de carga das páxinas web e mellora a capacidade de resposta do navegador.

O soporte para Adobe Flash historicamente permitiu experiencias multimedia nos navegadores web imposibles ate a súa chegada pero tamén trouxo problemas de estabilidade e, máis ao miúdo do necesario notorias, eivas de seguridade.

A tecnoloxía Flash, propiedade de Adobe, nunca optou por transformarse nun software con licenza aberta que lle dera opcións de converterse nun estándar dunha web tecnoloxicamente neutra. Esta decisión marcaría o futuro de Flash no mundo web e, debido a que actualmente, a especificación HTML5 abarca todo un conxunto de especificacións que pode ofrecer tamén Flash, fai deste último unha opción cada vez menos necesaria.

Nos últimos anos, Firefox foi completando pouco a pouco unha serie de Web APIs para substituír funcións que anteriormente eran proporcionadas por Flash. Isto inclúe a reprodución de audio/vídeo e capacidades de transmisión, a integración do clipboard, soporte de gráficos 2D e 3D, WebSockets e acceso a micrófono/cámara.

Ao mesmo tempo, a meirande parte dos portais máis relevantes de Internet foron tamén migrando as súas tecnoloxías de servidor a outras compatibles con HTML5 convertendo o uso de Flash nunha cuestión cunha tendencia cada vez máis marxinal.

Chegado este punto, Mozilla decidiu que Firefox sigua esta tendencia, bloqueando o contido Flash. Con isto espera tamén reducir os crash causados por Flash en ate un 10%. Para minimizar problemas de compatibilidade web, os cambios serán inicialmente limitados a un reducido número de portais web que xa fixeron o seu porting a HTML5 coa idea de ir incrementando paulatinamente o listado de portais ata finalmente bloquear todo o contido Flash.

Evolución histórica de crashes de Firefox

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal