O 9 de novembro de 2004 anunciouse oficialmente Firefox 1.0, a primeira gran versión deste navegador que hoxe en día xa acada o 20% de cota de mercado e que promete ser aínda máis popular nos próximos anos.
Pero Firefox non naceu con ese nome. A Fundación Mozilla tivo que cambiarlle o nome en dúas ocasións: orixinalmente chamouse Phoenix, mais un litixio coa compañía Phoenix Technologies levounos a ter que cambiarlle o nome. O nome escollido foi Firebird, pero tamén tiveron que cambiarllo polo xa definitivo Firefox…
Aquel lanzamento estivo acompañado dun célebre anuncio impreso a dobre páxina no xornal The New York Times, no cal se daba a coñecer de forma masiva un navegador que pronto se convertería nun dos máis famosos e utilizados de todos os tempos…
Anunciado no blogue oficial de Firefox

