Mancomún

Firefox gaña 30 millóns de usuarios en dous meses

Martes, 10 Novembro 2009

O navegador Firefox incrementou o seu número de usuarios en 30 millóns nos últimos 2 meses. O dato foi proporcionado por John Lilly, executivo de Mozilla, a través dunha mensaxe na rede social Twitter e máis tarde confirmado por Tristan Nitot, presidente de Mozilla Europa, nunhas declaracións a ZDNet: “Observamos un aumento significativo no número de usuarios de Firefox”.

Desta maneira o explorador de Mozilla recorta distancias co seu gran competidor, Internet Explorer, que aínda segue conservando o 65% da cota de mercado.

En termos globais, Firefox aumentou o seu número de usuarios gradualmente desde a súa saída mentres que o navegador de Microsoft, Internet Explorer, viu como a súa cota de mercado sempre foi diminuíndo en favor do navegador de Mozilla…
Fonte:
http://web.cenatic.es/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal