Flash Floor Plan é un aplicativo dinámico con características de arrastrar e soltar, facilmente personalizábel, enfocada cara ao deseño de interiores de vivendas.
Todos os mobles, que se cargan nunha paleta a través dun ficheiro XML, pódense arrastrar e soltar no deseño do interior. Ademais, sobre ese deseño, temos a posibilidade de acercar ou afastar a imaxe, xirar, rotar, e/ou mover os mobles.
Flash Floor Plan ten un licenciamento dual, e ofrécense dúas versións distintas coa seguinte táboa de características cadansúa:
| Táboa de características | Comercial | Libre |
| Configuración e personalización | X | X |
| Incluír os mobles no deseño en planta | X | X |
| Cargar o deseño da planta dinamicamente | X | X |
| Zoom, rotar, mover e eliminar elementos (mobles) | X | X |
| Imprimir deseño | X | |
| Categorización de elementos e o seu etiquetado | X | |
| Menú de selección para a xestión de diversas plantas | X |
Este é un exemplo da aplicación:
