Mancomún

Ford presenta dispositivo anti-choque de código aberto

Luns, 14 Setembro 2009

Ford anuncia un software construído a partir de código aberto. Brenlla, a través de quen temos coñecemento da noticia, afirma que o que isto significa para Ford non está moi claro pero que é interesante comprobar o esforzo que a multinacional dedica a difundir esta característica no seu anuncio. Con certeza, o código aberto fóra do ámbito da informática é observado como algo absolutamente positivo sinala a fonte desta nova.

Ford aproveita a tecnoloxía do avión de combate F22 para o seu novo modelo Taurus. Esta tecnoloxía está destinada a evitar os accidentes avisando acusticamente xunto a unha alarma de voz no sistema de navegación e prendendo luces vermellas cando o vehículo se atopa moi preto doutro. Inclúense tamén outras funcionalidades como MyKey válido para o control do coche cando se desexe limitar velocidades máximas.

Crese que se este dispositivo de aviso de colisión estivera equipado no ano pasado nos vehículos norteamericanos podería ter salvado 7.000 vidas, sinalan fontes de Ford á BBC.
A tecnoloxía pode ler os datos da estrada, identificando árbores e persoas. Engadíronse algoritmos específicos para determinar se os obxectos son ou non un "vehículo-obxectivo".

Paga a pena lembrar que este esforzo de Ford por retomar os postos perdidos no liderado na industria automobilística segue a corrente encabezada por BMW e outras compañías coa súa plataforma aberta GENIVI.

Outra curiosa iniciativa é a do Fiat Mio, anunciado como o primeiro coche Creative Commons.

Fonte: Tegnix

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal