Dende o departamento de informática do centro de estudos Athenea (academia Athenea) de Santiago de Compostela infórmannos que mañá 15 de marzo abren o prazo de inscrición para 4 cursos de formación en tecnoloxías libres, concretamente sobre GNU/Linux e desenvolvemento de aplicativos para Android.
O prezo dos cursos varía entre os 200€ e 300€ con posibilidade de pagos fraccionados. As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse nos cursos deben contactar co centro de estudos Athenea sito na Rúa Nova de Abaixo, 22. 1º, Santiago de Compostela a través do enderezo athenea @ galicia . com ou nos teléfonos 981 557 367 e 659 109 520.
Curso básico GNU/Linux. Curso de 60 horas de duración, dirixido a todo tipo de usuarios. O curso ten por obxectivo introducir aos novos usuarios no uso de sistemas GNU/Linux a través de varias distribucións (Ubuntu, OpenSuse). Comezará o 8 de abril e formaranse 2 grupos dun máximo de 15 persoas.
CONTIDOS:
- Unidade 1: Instalación do sistema
- Unidade 2: Traballando desde a liña de comandos
- Unidade 3: Comandos e filtros para procesar ficheiros de texto
- Unidade 4: Xestión de ficheiros
- Unidade 5: Uso de expresións regulares
- Unidade 6: Xestión de procesos
- Unidade 7: Uso do editor vi
- Unidade 8: Sistemas de ficheiros
- Unidade 9: Instalación de programas
- Unidade 10: Configuración do hardware
- Unidade 11: O sistema de arranque
Curso avanzado GNU/Linux. Curso de 80 horas de duración, dirixido a a profesionais con coñecementos previos de GNU/Linux. O curso ten por obxectivo achegar ao alumnado os coñecementos avanzados en sistemas operativos UNIX e Linux necesarios para que, ao remate da acción formativa, os asistentes sexan capaces de desenvolverse como especialistas na xestión de sistemas GNU/Linux. Comezará o 8 de abril e formaranse 2 grupos dun máximo de 15 persoas.
CONTIDOS:
- Administración de Sistemas Linux
- Instalación de sistemas Linux
- Acceso á liña de comandos
- Ferramentas intermedias de liña de comandos
- Expresións regulares, canalizacións e redireccións de E/S
- Configuración de redes e solución de problemas
- Xestión de particións e sistemas de ficheiros sinxelos
- Xestión de almacenamento flexible co Logical Volume Manager (LVM)
- Acceso a servizos de uso compartido de ficheiros en rede; NFS y CIFS
- Xestión de contas de usuario
- Contas de usuarios en rede con LDAP
- Control de acceso a ficheiros
- Xestión de SELinux
- Instalación e xestión de software
- Xestión de servizos instalados
- Análise e almacenamento de rexistros
- Xestión de procesos
- Axuste e mantemento do kernel
- Técnicas de recuperación de sistemas
- Red Hat Linux Networking e Seguridade
- Iniciación no contorno da aula
- Mellora da seguridade do usuario
- Scripts de bash e ferramentas
- Seguridade de ficheiros con GnuPG
- Xestión de software
- Monitorización de rede
- Enrutado do tráfico da rede
- Protección do tráfico da rede
- Configuración do servidor NTP
- Sistemas de ficheiros e rexistros
- Almacenamento centralizado e seguro
- Servizos web encapsulados con SSL
- Configuración adicional de servidores web
- Configuración básica de SMTP
- Servidor DNS só de caché
- Uso compartido de ficheiros con NFS
- Uso compartido de ficheiros con CIFS
- Uso compartido de ficheiros con FTP
- Solución de problemas co proceso de arrinque
Curso de preparación para a obtención do certificado LPI. Curso de 80 horas de duración, dirixido a todo aquel que desexe obter o certificado LPIC1. O curso ten por obxectivo achegar coñecementos ao alumnado que desexe iniciarse profesionalmente na administración de sistemas operativos GNU/Linux. Comezará o 15 de abril e formaranse 2 grupos dun máximo de 15 persoas.
CONTIDOS:
- Arquitectura do sistema
- Determinar e configurar hardware
- Arrancar o sistema
- Cambiar niveis de execución e apagar ou reiniciar o sistema
- Instalación de Linux e xestión de paquetes
- Deseño do esquema de disco
- Instalar un xestor de arranque
- Xestionar librerías compartidas
- Xestión de paquetes Debian
- Xestión de paquetes RPM e yum
- Comandos GNU e UNIX
- Traballar en liña de comandos
- Procesamento de textos mediante filtros
- Xestión básica de ficheiros
- Uso de streams, pipes e redireccións
- Crear, monitorizar e eliminar procesos
- Modificar as prioridades de execución de procesos
- Buscar en ficheiros de texto usando expresións regulares
- Operacións de edición básica de ficheiros con vi
- Dispositivos, sistemas de ficheiros de Linux e xerarquía estándar do sistema de ficheiros
- Creación de particións e sistemas de ficheiros
- Mantemento da integridade do sistema de ficheiros
- Montar e desmontar sistemas de ficheiros
- Xestionar as cotas de disco
- Xestionar permisos e propiedade de ficheiros
- Crear e modificar enlaces simbólicos e duros
- Encontrar ficheiros do sistema e situalos na súa localización correcta
- Intérpretes de comandos, scripts e xestión de datos
- Personalizar e usar o intérprete de comandos
- Personalizar e crear scripts simples
- Xestión de datos SQL
- Interfaces de usuario e escritorios
- Instalar e configurar X11
- Configurar un xestor de pantalla
- Accesibilidade
- Tarefas administrativas
- Xestionar contas de usuarios e grupos e ficheiros relacionados
- Automatizar as tarefas de administración do sistema planificando traballos
- Localización e internacionalización
- Servizos esenciais do sistema
- Manter a hora do sistema
- Logs do sistema
- Funcionamento básico de servidores de correo (MTAs)
- Impresión e xestión de impresoras
- Coñecementos básicos de rede
- Coñecementos básicos de protocolos de internet
- Configuración básica de rede
- Detectar problemas de rede
- Configurar un cliente DNS
- Seguridade
- Tarefas de xestión de seguridade do sistema
- Securizar un sistema
- Securizar datos mediante encriptación
Curso Android, densenvolvemento de aplicativos. Curso de 50 horas de duración, dirixido a desenvolvedores e usuarios en xeral con con coñecementos previos de Java que queiran aprender a desenvolver apps Android. O curso ten por obxectivo a aprendizaxe do uso e desenvolvemento de aplicativos para o sistema operativo Android ademais de modelos de negocio aplicados ao mercado móbil.. Comezará o 15 de abril e formaranse 2 grupos dun máximo de 15 persoas.
CONTIDOS:
- Introdución a Android. Filosofía
- Instalación e configuración do SDK.
- Contorno e anatomía dun aplicativo
- Interfaz gráfico: layouts, activity, ListActivity
- Interfaz gráfico II: Menús e diálogos
- Mapas e xeolocalización
- Xestión de datos locais e remotos
- Tratamento de vídeo e audio
- Traballando en background
- Introdución ao desenvolvemento para tablets
- Smartphones e desenvolvemento web
- Promocionar os aplicativos no Android Market
