A Confederación de Empresarios da Coruña organiza unha total de 6 cursos de formación en solucións de código aberto dirixidas á peme co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, do Plan Avanza, o Ministerio de Industria Turismo y Comercio e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional.
Os cursos ofertados teñen como finalidade principal formar ás persoas interesadas na implantación de ferramentas de software libre nas súas empresas, colaborar no incremento do coñecemento dos sistemas non propietarios, mellorar o seu nivel tecnolóxico e reducir gastos informáticos. Son gratuítos e é necesario realizar unha inscrición previa, xa que as prazas están limitadas a 15 persoas por curso.
Os cursos terán lugar no Centro de Formación da CEC sito na rúa Francisco Vales Villamarín, nº 24, baixo, A Coruña. A oferta é a seguinte:
&nb
- Recursos libres na rede para pemes. Do 19 ao 22 de outubro, de 18:00 a 22:00 horas.
- Telefonía Voip: Asterisk. 23, 24 de outubro de 17:00 a 21:00 e 30, 31 de outubro de 9:30 a 13:30.
- Linux como grupo de traballo. Do 26 ao 29 de outubro, de 18:00 a 22:00 horas.
- Traballo en grupo na rede: E-Groupware. Do 2 ao 5 de novembro, de 18:00 a 22:00 horas.
- Xestión de redes corporativas. 6, 7 de novembro de 17:00 a 21:00 e 13, 14 de novembro de 9:30 a 13:30.
- Paquete ofimático completo: OpenOffice. Do 9 ao 12 de novembro, de 18:00 a 22:00 horas.
Os interesados/as en asistir deberán efectuar a reserva da praza enviando o boletín de inscrición ao enderezo informacion.empresa @ cec . es
Máis información na web da CEC.
