Mancomún e a empresa galega Igalia participará no encontro de desenvolvemento
Máis de cinco mil persoas desenvolvedoras de software libre reuniranse entre os días 7 e 8 de febreiro na Universidade Libre de Bruxelas (Campus Solbosch), para o que será a novena conferencia anual FOSDEM (Free and Open Source Software Developers’ European Meeting).
O FOSDEM é un encontro anual de software libre organizado pola comunidade para poñer en contacto os seus integrantes, así como proxectos de código aberto procedentes de todo o mundo. A diferenza doutras citas de relevancia, esta reunión caracterízase polo seu carácter eminentemente técnico, onde non teñen cabida charlas sobre mercadotecnia ou patrocinios.
Segundo isto, as ponencias inclúe nesta edición un total de vinte relatores, entre os que estarán Thedore Ts’o (Linux Kernel, sistema de arquivos ext4), Max Spevack (Proxecto Fedora), Rob Savoye (Gnash o reprodutor flash libre), Mark Surman (director executivo da Fundación Mozilla), Bdale Garbee (secretario do proxecto Debian) e Leslie Hawthorn (Google Summer of Code).
Dentro desta idea, están previstos encontros para o intercambio de ideas entre proxectos, nos que, por exemplo, compartirán sala o sábado día 8, integrantes da comunidade de KDE, Gnome e XFCE. Outras salas incluirán Fedora + CentOS, Drupal, X.org, Ruby on Rails, etc.
FOSDEM é de acceso libre e gratuíto e non precisa de ningún tipo de rexistro para asistir.
Participación galega en FOSDEM
A día de hoxe temos constancia en Mancomún, que a edición deste ano do FOSDEM contará con representación galega da man da empresa Igalia.
Xa o pasado ano os estudantes do Máster de Software Libre de Caixanova puideron asistir a este encontro, ao seren por conta da propia entidade bancaria os gastos de viaxe e estadía durante toda a fin de semana.
Fonte: Obux
