Mancomún

Foxtabs: extensión para Firefox para a previsualización dos separadores

Luns, 12 Xaneiro 2009

http://www.mancomun.org/images/stories/foxtab.pngFoxTab é unha extensión para Firefox que amplía a funcionalidade de Ctrl Tab, a combinación de teclas deseñada para cambiar entre os separadores rapidamente. Esta combinación funcionará como sempre, pero se mantemos premidas as dúas teclas aparecerá unha espectacular interface na que veremos as capturas en miniatura dos separadores abertos.

Para ver o seu interface podemos entrar mantendo premidos Ctrl Tab, pero non poderemos interactuar co rato. Se queremos facelo, teremos que pulsar Ctrl Q, accedendo a unha interface nun separador novo e que non desaparece cando deixamos de pulsar as teclas. É modificable a antollo, e o seu punto forte é a variedade nos seus estilos de vista, un total de 5…

  1. Stack ou pila, é unha copia do efecto Flip3D de Vista.
  2. Wall ou parede, efecto baseado en anuncios do AppleTV.
  3. Grid ou malla, simplemente coloca as miniaturas nunha malla.
  4. Row ou fila, coloca as miniaturas en fila unha detrás doutra, mostrándonos en orde os separadores á esquerda e dereita da actual.
  5. Circle ou círculo, colócaas de maneira similar ao anterior, pero no canto de filas, organízaas ao redor dun círculo.
 
Fonte da nova:
http://www.laflecha.net/canales/softlibre/noticias/foxtabs/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal