Mancomún

Francia desprega servizos pilotos en nube baseados en código aberto

Xoves, 4 Agosto 2016

Comisión EuropeaO goberno francés está a experimentar con varias alternativas baseadas en código aberto para a construción da súa propia infraestrutura de computación en nube. Segundo a unidade de modernización do goberno francés, "o software libre permite a modernización dos sistemas de TI, incluíndo os seus novos proxectos"
En particular o goberno francés está probando OpenStack, Docker e MongoDB, segundo escribe a SGMAP (Secretaría Xeral pola Modernización da Administración Pública). Os servizos de cloud computing permiten as interrelacións ministeriais dos servizos.

Un exemplo concreto é vitam , un sistema de ficheiros que está a ser feito polos ministerios de Asuntos Exteriores, da cultura e de Defensa, a base de software de código aberto e que cando se finalice a solución, de 15 millóns de euros, poderá ser facilitada a outros ministerios.

Para a modernización das TIC, a administración pública de Francia depende máis que nunca do software libre e as súas comunidades, segundo a SGMAP. Ademais de promover o uso destas solucións, SGMAP está a favorecer a posta en común e a contribución de código para reforzar os lazos coas comunidades de desenvolvedores de software aumentando a capacidade do goberno de actuación, enriquecendo o software con achegas dos miles de empregados públicos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal