O 29 de xuño, o sistema operativo FreeDOS cumpriu 25 anos. En 1994, Microsoft anunciara que a súa próxima versión de Windows eliminaría MS-DOS, por eso o creador de FreeDOS púxose mans á obra e creou este sistema de código aberto.
O 29 de xuño de 1994, anunciaba o inicio do proxecto en Usenet e en menos de tres meses, xa tiñan unha distribución Alpha 1 que recollía as utilidades e contribucións de varios desenvolvedores. Na Alpha 5, FreeDOS contaba xa con máis de 60 utilidades. En outubro de 1998, FreeDOS tiña un núcleo en funcionamento e finalmente lanzouse FreeDOS 1.0 en setembro de 2006, FreeDOS 1.1 en xaneiro de 2012 e FreeDOS 1.2 en decembro de 2016. En palabras do seu creador: “FreeDOS chegou ata aquí porque os desenvolvedores traballaron xuntos para crear algo. No espírito do software de código aberto, contribuímos ao traballo de cada un arranxando erros e engadindo novas características.”
Máis información
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
