FreeLIMS é un xestor open source (Sistema Xestor de Información para Laboratorios). É unha solución cliente/servidor que pode traballar en modo multiusuario. Ten licenza GNU/GPL e está escrito en [[JAVA]]. Pode funcionar contra diferentes sistemas xestores de bases de datos, como [[Mysql]], [[Oracle]] ou SQL-Server. Permite conectarse a sistemas [[ERP]]. A maiores ten a posibilidade de personalizar o idioma, posto que soamente hai que engadir unha nova táboa á base de datos.
A última versión 0.9.9 está dispoñible para a descarga dende sourceforge.net.
Entre algunhas das súas características están:
- xestionar as mostras
- crear tipos de mostras con métodos e parámetros
- xerar facilmente informes e certificados
- xestionar instrumentación
- control de usuarios
Páxina do proxecto:
http://www.freelims.com/
