FreeRDP 2.0 (implementación gratuíta do Protocolo de Escritorio Remoto (RDP), baixo licenza Apache), foi liberada.
Integra o soporte RDP en aplicacións de terceiros e un cliente que pode utilizarse para conectarse de forma remota ao escritorio de Windows.
Novidades:
Publicacións periódicas de actualizacións, capacidade de traballar como proxy RDP, implementación do compoñente RAIL, soporte para Flatpak, solucións a diversas vulnerabilidades e suavizado de fontes habilitado por defecto, entre outras.
Máis información na nota oficial de lanzamento
